Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baiona
Parroquia: Baiona (Santa María)
Lugar: Rúa Lorenzo de la Carrera
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Capela da Misericordia é unha igrexa de planta rectangular e tellado a dúas augas, de aspecto sinxelo e austero e construción robusta, con dous contrafortes en ámbolos lados. No seu interior destaca o seu altar principal de estilo barroco e dous máis nos laterais que datan da mesma época.

Ata o ano 1656 a capela atopábase dentro do recinto da fortaleza militar de Monte Real pero naquela data o Capitán Xeral de Galicia, Don Vicente Gonzaga, ordenou o seu traslado fora do recinto da fortaleza por conveniencia do servizo, reedificándose no seu actual emprazamento no casco vello de Baiona e sendo parte do importante conxunto histórico da vila.

A capela pertence en patrimonio á Irmandade da Santa Casa de Paz e Misericordia, que é a Confraría máis antiga de Galicia, pois constituíuse no ano 1574.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaComunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:

O seu retablo maior é do século XVII. A pintura que se atopa neste retablo–de autor descoñecido– é de comezos do século XVII e xunto á imaxe dan ao conxunto un aspecto tridimensional.
A capela posúe tamén numerosas imaxes, entre as que destacan a do Cristo dos Farois –como representación do Cristo Lacerado nun dos Pasos da Semana Santa–, o Cristo da Caniña que representa ao Ecce Homo, a Simón de Cirene axudando ao Noso Señor a transportar a cruz, a Virxe das Dores e tamén imaxes de Santiago Apóstolo a cabalo, Santa Isabel (Reina de Portugal) e Santa Lucía, unha representación das Angustias, o Cristo do Ouro e a Inmaculada Concepción.


Tradición oral:

Existe un Cristo Crucificado de grande tamaño, cuia cruz é oca. Dícese que nos tempos en que o envío de ouro procedente do Novo Mundo estaba prohibido baixo penas severísimas, esta cruz veu de México chea de moedas de ouro, como devoto donativo dos baioneses residentes naquela colonia, que aportaron o importe da reconstrución da capela no seu actual emprazamento. Desta maneira tamén se evitaba o roubo do ouro por parte dos corsarios ingleses de orixe protestante, que respectaban as imaxes de Cristo pero destruían as Virxes e os Santos.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BAIONA/documents/0712CA001.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.11947805802003
Lonxitude: -8.84960800409317
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84