Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Baralla
Parroquia: Pedrafita de Camporredondo
Lugar: Vilachá
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Situado a 732 metros de altitude sobre o nivel do mar, nunha penichaira por riba da aldea de Vilachá. Practicamente circular, ten unhas medidas aproximadas de 120 metros no eixo máis longo e 100 metros no menor. Dun só recinto, está rodeado en todo o seu perímetro por unha muralla de terra e lousa que nalgúns tramos acada polo exterior unha altura de máis de catro metros. Polo SO, a parte máis vulnerable, presenta unha dobre muralla cun foxo duns tres metros de ancho que discorre entre ambas; a muralla exterior está formada por cachotes de pedra de boa feitura. O desnivel do terreo deféndeo polo NL. No interior do recinto vense moreas de pedras que puideron formar parte de estruturas habitacionais. Na actualidade está plantado de carballos e inzado pola matogueira. Polo SO está bastante alterado por terreos adicados a cultivo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de-baralla.html

Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. (páx. 6.490)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.974768649111084
Lonxitude: -7.198276519775391
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84