Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Arzúa
Parroquia: San Lourenzo de Brandeso
Lugar: Brandeso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta basilical cunha soa nave e con dúas capelas apegadas nos laterais, unha no muro norte e outra no sur. Este feito leva a que poida considerarse como un templo cunha pseudoplanta de cruz latina. A cuberta , de madeira, posúe tellado a dúas e tres augas dependendo do espazo a cubrir. A ábsida ten forma rectangular tanto no seu interior como no exterior.
Un arco de medio punto de rosa lisa, apoiado en semicolumnas en cada un dos seus estremos, forma o gran arco triunfal que dá acceso á nave.
A fachada principal segue un esquema pentagonal na súa composición, sobresaíndo a esvelta espadana que pecha o templo. De abaixo a arriba, conta coa porta principal de acceso rectangular moi sinxela, arriba desta unha xanela rectangular case cadrada e pechando a espadana que consta de dous arcos de medio punto que gorecen o corpo das campás. Queda rematado por acroterios e por un frontón triangular curvo e oco.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro”. Vol.XVIII. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARZUA/documents/22210CA001.pdf (pax. 4 de 9)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.88812996035292
Lonxitude: -8.177486658096313
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84