Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Arzúa
Parroquia: San Lourenzo de Brandeso
Lugar: Brandeso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Situado nun terreo de grande extensión, a edificación preséntase sen perder a traza señorial que outrora tivera. Foi construído no ano 1554, tal e como fai referencia nunha inscrición que se atopa na capela. De planta rectangular, cunha capela nunha das coxías e casa dos caseiros noutra, que a transforman nunha planta en forma de “U”.
A horizontalidade do corpo principal contrasta coa disposición das xanelas na fachada cara ó sur, que marcan certa verticalidade. A cornixa rematase por unhas almeas que poden provir dunha torre que orixinalmente estivo apegada o edificio.
A riqueza compositiva céntrase nesta fachada, onde a entrada enmárcase por un arco de medio punto trazado con boas pezas de canteiría que contrastan, no mesmo que nas xanelas, coa cachotería vista dos muros, agás na fachada norte, que quedou recebada e caleada. Cabe destacar tamén as súas chimeneas de gran porte que non as fan pasar desapercibidas.
Dous brasóns coroan a cornixa sobre a entrada principal, nos que podemos atopar as linaxes dos Aguiar (un aguia coroada que voa), os Montero (unha árbore cun can atado e unhas chaves ós seus pés) e os Mosquera (cinco cabezas de lobo), ademais de dúas datas, 1620 posiblemente dunha ampliación do pazo e 1908 pode que dunha posterior e importante reforma onde posiblemente foi cando desapareceu a torre.
Sobre o portalón ollamos outro escudo que pertence os Figueroa, (cabezas de lobo, cinco vieiras e follas de figueroa). Na capela atópanse os sepulcros dos fundadores do pazo, Fernán Montero de Mella e Inés de Villar e Aguiar.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro». Vol.XVIII. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.88653418806685Lonxitude: -8.180871605873108
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Elixio Vieites says:
Mar 17, 2013
O Pazo de Brandeso no Pxom de Arzúa do ano 2008
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARZUA/documents/22210CA017.pdf (pax 2 de 4 )
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARZUA/documents/22210CA001.pdf (pax. 4 de 9)
Viktoria says:
Out 19, 2013
Trala compra do Pazo de Brandeso por un médico Santiagués, o interior do edificio foi totalmente baleirado nos anos 90 eliminando paredes interiores e teitos antes de ser reformado, incluíndo todo o chan antigo feito de lousas. Ó mesmo tempo, o novo dono engadiulle altura á edificación orixinal.
Viktoria says:
Out 20, 2013
O Pazo de Brandeso tamén contaba cun gran arquivo pechado con portas de ferro que ían dende o chan ata o alto teito. Parte da súa documentación foi parar ó Arquivo do Reino de Galicia na Coruña. Das portentosas portas do arquivo descoñezo o seu destino, pero ogallá seguiran dentro do inmenso Pazo.