Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Arzúa
Parroquia: San Lourenzo de Brandeso
Lugar: Brandeso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Situado nun terreo de grande extensión, a edificación preséntase sen perder a traza señorial que outrora tivera. Foi construído no ano 1554, tal e como fai referencia nunha inscrición que se atopa na capela. De planta rectangular, cunha capela nunha das coxías e casa dos caseiros noutra, que a transforman nunha planta en forma de “U”.
A horizontalidade do corpo principal contrasta coa disposición das xanelas na fachada cara ó sur, que marcan certa verticalidade. A cornixa rematase por unhas almeas que poden provir dunha torre que orixinalmente estivo apegada o edificio.
A riqueza compositiva céntrase nesta fachada, onde a entrada enmárcase por un arco de medio punto trazado con boas pezas de canteiría que contrastan, no mesmo que nas xanelas, coa cachotería vista dos muros, agás na fachada norte, que quedou recebada e caleada. Cabe destacar tamén as súas chimeneas de gran porte que non as fan pasar desapercibidas.
Dous brasóns coroan a cornixa sobre a entrada principal, nos que podemos atopar as linaxes dos Aguiar (un aguia coroada que voa), os Montero (unha árbore cun can atado e unhas chaves ós seus pés) e os Mosquera (cinco cabezas de lobo), ademais de dúas datas, 1620 posiblemente dunha ampliación do pazo e 1908 pode que dunha posterior e importante reforma onde posiblemente foi cando desapareceu a torre.
Sobre o portalón ollamos outro escudo que pertence os Figueroa, (cabezas de lobo, cinco vieiras e follas de figueroa). Na capela atópanse os sepulcros dos fundadores do pazo, Fernán Montero de Mella e Inés de Villar e Aguiar.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro». Vol.XVIII. Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.88653418806685
Lonxitude: -8.180871605873108
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84