Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Arzúa
Parroquia: San Cristovo de Dombodán
Lugar: Encoro de Portodemouros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cúbico na que ten gravado un cáliz. Arriba deste pedestal ten un sobrepedestal cuadrangular moldurado. O varal é octogonal empezando en cadrado. O capitel é cuadrangular con astrágalo octogonal e ábaco de lados curvos cos vértices achafranados. Ten volutas, anxos con ás e follas de carballo. A súa cruz é cuadrangular cos brazos con mediacana e remates florenzados con botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Ten a cabeza lixeiramente ladeada á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado cunha corda. O cruceiro é todo de granito cun moi bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.85848745375743
Lonxitude: -8.190752863883972
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84