Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Melón
Parroquia: Melón
Lugar: Tourón
Outra denominación do ben: Poza da Naveira, Casiña da Neveira, A Neveira
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O citado Neveiro do Tourón atópase situado no término municipal de Melón, na aldea do Tourón. Áchase máis concretamente ubicado nunha das ladeiras da Serra do Faro de Avión, nun bosque de coníferas, coñecido co nome de A Cabana, a unha altura aproximada de 1.025 metros e nas coordenadas GPS: N 42º 16.403’- W 8º 15.307’
“Denominada polos veciños da Cortella como Poza da Naveira e polos do Tourón como Casiña da Naveira. Atópase moi preto da antiga caseta dos gardas forestais, seguindo o camiño, na marxe dereita no monte da Naveira, entre o Coto do Sesteiro e O Laxal, a uns 870 metros de altitude sobre o nivel do mar. Tamén a pouca distancia atópanse os restos da antigua Casiña dos Frades, antiguo cenobio cistercense antecesor do actual mosterio de Santa María de Melón. Encádrase dentro da parroquia de Tourón pertencente ao Concello de Melón (Ourense). De forma circular, con foso para acceder a dita neveira había un paso realizado por laxas de pedra a modo de ponte. A fin do foxo era o de impedir que as augas pluviais se achegasen e filtrasen no interior da neveira. É das poucas neveiras ás que se pode acceder ao seu interior e apreciala na súa total magnitude, se exceptuamos únicamente a caída da teitume, grazas a que polo apartado de seu emplazamento sufriu moi poucas variacións dende que foi abandonada. A cuberta desta neveira, polos restos que se atopan no seu interior e pola forma en que rematan as súas paredes, estaba formada por unha bóveda de pedra, cuxos restos se topan depositados no seu interior. Na parte inferior presenta un aliviadeiro para dar saída a auga produto da fusión do xeo e evitar que esta auga éntrase en contacto coa neve. Non se aprecian restos de ningunha construción anexa, aínda que sin realizar un traballo de desbroce é imposible afirmalo, posto que moitas das construcións anexas ou “barracas” eran de madeira, e si estaban cubertas, era cunha teitume de palla ou de polas ou ramallos. A construción é soberbia, presentando un diámetro interior de 5,30 m. e un diámetro total de 10,40 m., a profundidade actual dende o borde dos muros ata a capa de pedras que se encontran depositadas no fondo é de 3,70 m. Bordeando a esta construción tópase o foxo de 5,50 m. de diámetro e unha profundidade de 1,50 m., de media. Esta neveira foi de propiedade do mosteiro de Santa María de Melón, que como a meirande parte dos mosteiros existentes en Galicia posuían alguhna.”

Andrés Sampedro Fernández
“Una aproximación al mundo de la nieve en Galicia”


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:

Non existen


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Andrés Sampedro Fernández
“Una aproximación al mundo de la nieve en Galicia”


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O perigo de desaparición desta construción dos relixiosos, reside na actualidade, en que se atopa situado entre a Canteira de Granito, sita no Monte Comunal do Tourón, explotada por Minera de Rocas SL e un Parque Eólico Deva, que conta no Monte Comunal do Faro de Melón, con 9 aeroxeneradores.
Ademáis a Xunta, no Consello que tivo lugar en San Caetano o 14 de Marzo de 2013, toma o seguinte acordo:
“Acordo polo que se declara de incidencia supramunicipal o proxecto de actividades
extractivas da concesión de explotación Morada no 4810.1 (concello de Melón,
Ourense), como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, para os efectos
previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.
O Consello da Xunta declarou hoxe a incidencia supramunicipal do proxecto sectorial de actividades extractivas da explotación Morada. O dito proxecto, situado no concello ourensán de Melón, permitirá a extracción de granito ornamental contando cun investimento, para o primeiro ano de actividade, superior aos 120.000 euros, e xerando máis de 30 postos de traballo directos e indirectos na comarca.
Deste xeito, a Xunta de Galicia prosegue coa súa aposta por poñer en valor os recursos mineiros cos que conta a Comunidade, iniciando os trámites para a realización dunha explotación que se desenvolverá durante os próximos 30 anos. O proxecto, solicitado por Minor Galicia S.L., abarcará un total de 13 hectáreas no municipio de Melón que serán restauradas segundo avancen os traballos, conseguindo, ao final, a recuperación do terreo.Contribúese así á creación de emprego e á atracción de investimentos a través dunha minaría ambientalmente sustentable e segura, e cuxos recursos benefician ao conxunto da sociedade. Neste contexto, estase a impulsar a mellora da innovación e da competitivade no sector, incentivando a investigación, colaborando cos clusters empresariais e impulsando os centros tecnolóxicos da lousa e do propio granito, que realizan un importante labor de I+D+i. Por outra banda, cómpre salientar que a explotación mineira de Melón, proxectada en solo rústico de protección de infraestruturas para parques eólicos, será compatible co Parque Eólico Deva que, con 66 aeroxeneradores e unha potencia total próxima aos 40 MW, conta con 9 aeroxeradores neste municipio ourensán”.
Con data de rexistro 28 de Xaneiro de 2011, unha serie de veciños solicitaron á Xunta o inicio de Expediente para a Declaración do Neveiro como BIC, non obtendo resposta algunha por parte da administración.


Onde está localizado

Latitude: 42.27642166969799
Lonxitude: -8.253985941410065
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84