Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Bóveda
Parroquia: Guntín
Lugar: Guntín/Campo da Mamoela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Situada no lugar coñecido como Campo da Mamoela, a ermida construíuse sobre unha mámoa. Como indica unha prancha de mármore situada sobre a porta principal, a súa construción data do ano 1832 a expensas de don Pedro Armesto. De planta rectangular cuberta en lousa a dúas augas, e capela maior de planta cadrada cuberta en lousa a catro augas. Posúe unha esbelta espadana de tres vans. No exterior hai un cruceiro.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Na prancha citada lese que os bispos de Lugo concederán unha indulxencia de 40 días a todos os fies que devotamente rezaren unha salve ante a imaxe da Virxe.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio15AAE_2_es.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.62378834502597Lonxitude: -7.457270622253418
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84