Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Monterroso
Parroquia: Esporiz (San Miguel)
Lugar: Esporiz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Igrexa románica da metade do século XII que posúe unha das portas máis fermosas de toda a bisbarra, cun arco de medio punto con dobre arquivolta. Nas reformas sucesivas que tivo a igrexa levouse un canzorro fóra do seu emprazamento orixinal, hoxe adosado nun dos muros laterais da igrexa. As basas das columnas da porta principal estiveron baixo terra até que hai uns anos foron destapadas.

No seu interior hai pinturas murais moi importantes por debaixo do caleado.

Foi a igrexa parroquial da vila de Monterroso ata que se construíu a nova na propia vila nos anos 1950.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MONTERROSO/documents/0619CA001.pdf Páxina tres


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.797166
Lonxitude: -7.841591
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84