Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vigo
Parroquia: Matamá (San Pedro)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Templo de planta rectangular con ábsida máis elevada que a nave que presenta cuberta a dúas e catro augas respectivamente. É de estilo neoclásico e foi construída no século XVIII. O elemento máis destacado do edificio é a fachada, de crestería calada que se dispón sobre os aleiros. Xunto a este elemento sobrancea a cuberta vidrada en cobre do campanario.
O resto da fachada dispón dunha porta de acceso central, situada no eixo da composición. Sobre ela un fornelo que acolle unha figura sacral flanqueada por volutas e ocelos calados en forma de cruz. O edificio remátase en altura por medio dun campanario de planta cuadrangular de dous corpos, o inferior balconado.
No seu campanario destaca tamén a colocación de fragmentos cerámicos vidrados e coloreados en verde de orientación vertical e horizontal.
No interior da igrexa atópase un retablo que pertenceu á Colexiata de Santa María de Vigo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca018.pdf (páxina 2 – Ficha A_161)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.20096419733099
Lonxitude: -8.738197088241577
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84