Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe natural,
Concello: Lousame / Rianxo
Parroquia: Araño-Fruíme
Lugar: Monte Muralla
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O Monte Muralla cunha altura de 674 m, é un dos puntos máis altos dos concellos de Lousame e Rianxo. Sérvelle de liña divisoria e a súa relativa proximidade á costa fai deste lugar unha poderosa rampla montañosa desde onde se divisa unha gran panorámica sobre a paisaxe. A vista sobre a desembocadura do Ulla e a ría de Arousa e Vigo está marcada como un fito de excursionista e afeccionados ás rutas de montaña. Polo norte domina sobre as terras altas do concello de Lousame e Rois, ao leste ten o monte Treito e un curioso fito ou marco de catro caras que fai de límite e división dos concellos de Dodro, Rianxo, Rois e Lousame.
No cume do Monte Muralla, onde se colocaron ao largo do tempo casetas para a vixilancia de lumes e antenas de telecomunicacións, aínda podemos apreciar polo medio das penedías unhas murallas esborralladas con gran cantidade de cachotería ao igual que nas atalaias medievais que se atopan polo entorno, como no castelo de Fruíme e Castelo de San Mamede. Se queremos ver o horizonte do mar e debido a orientación do Muralla, témonos que achegar a outro punto cara o leste, co nome do Miradoiro de 557m., que nalgún tempo poderíanse complementar os dous como un lugar privilexiado de control do territorio.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=74583
http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Monte_Muralla_Galiza.jpg
http://www.concellodelousame.com/es/turismo/sendeirismo/sendei.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7448848592
Lonxitude: -8.77771139145
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84