Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vigo
Parroquia: Matamá (San Pedro)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela de dous corpos cadrangulares, desiguais en tamaño, cunha lonxitude de 7 por 6,4 e 4,8 por 5,6 ms. de lado respectivamente; é o único edificio deste tipo na zona no que o tramo do presbiterio queda a maior altura que o da entrada e que se cubre con tellado a catro augas.
A fachada é moi simple, tanto na porta de arco rebaixado como no ocelo central e tamén na pequena espadana que probablemente é de factura posterior que o resto. As pilastras adosadas nas esquinas e os pináculos dos vértices do aleiro, xuntamente co xogo de volumes de ambos corpos, combinados cunha boa cantería, danlle ao conxunto un aire clasicista.

Non se coñece a data de construción, pero a mediados do s. XVIII xa existía unha capela dedicada a S. Mauro, como o demostra o feito de que ao parecer en 1778 estaba en tal estado de ruína que o Bispo mandou enterrar polo seu estado “indecente” de conservación as imaxes existentes nela, excepto a de San Pedro e a do titular (S. Mauro), que se trasladan á igrexa parroquial. Incluso suxeriu a idea de demoler totalmente a capela e destinar as pedras da mesma á construción dunha “casa de obra”, o que fai supoñer que se acometeu a construción dunha capela totalmente nova, que seguramente foi a “antecesora” da actual.

Recentemente reconstruíuse o tellado e se adecentou o interior.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca018.pdf (páxina 2 – Ficha A_161)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.200438643578266
Lonxitude: -8.739603906869888
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84