Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vigo
Parroquia: Oia (San MIguel)
Lugar:
Outra denominación do ben: Cruceiro do Cruceiro
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O cruceiro, localizado a uns cen metros da igrexa parroquial, consta dunha gran base con tres chanzos octogonais, e enriba dela unha base cuadrangular, que presenta os bordes biselados. O varal comeza sendo cuadrangular para terminar sendo de sección circular, con aresta na parte inferior e lisa na superior. Na parte baixa podemos ler a seguinte inscrición:

“LEED EN ESTE LIBRO
POR DEVOCION DE TODOS LOS FIELES
DE ESTA PARROQUIA A DE 1859”

O capitel está moi decorado, mostrando unha combinación de volutas de estilo xónico e follas de acanto do corintio. Podemos ver querubíns entre ambos motivos e debaixo do Cristo, observamos a representación dunha caveira representando o monte Gólgota. A cruz, de sección circular, que imita a madeira, presentando de modo moi realista a un Cristo, coas pernas flexionadas e os brazos abertos en ángulo. Polo reverso temos unha Piedade na que destacan os pregues do seu vestido. O corpo que sostén é desproporcionado respecto á representación da Virxe. Debaixo da mesma temos un querubín.

Destaca tamén unha sinxela mesa de pedra adosada á mesma, no seu anverso, que normalmente posúe a función de altar ou tamén para colocar os ataúdes cando se realiza unha parada nos enterros ao pasar polo cruceiro.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

O folclore que aínda conserva na actualidade, nos fala de que é punto de parada das procesións que parten da igrexa parroquial e se atopa normalmente adornado de flores e velas, que se colocan na mesa de pedra ou nas gradas.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PÁXINA WEB
PXOM CONCELLO DE VIGO – Agosto 2021 (ficha EX.19.001 – páxina 95)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca018.pdf (Páxina 5 – Ficha A_164)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360571502.html

BIBLIOGRAFÍA
RODRÍGUEZ PUENTES, Eugenio e ABAD GALLEGO, Juan Carlos. (1990). Cruceiros, cruces e petos de ánimas no Concello de Vigo. Colección Datos. Datos/2. Concellería de Cultura. Concello de Vigo.
PRADO GONZÁLEZ. Manuel Gonzalo (2013). Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas en Terras de Fragoso. Ed: Diputación de Pontevedra.
VÁZQUEZ GIL, Lalo (2004). Bouzas. Memoria y recuerdo. Concello de Vigo.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1825344207
Lonxitude: -8.80213290453
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84