Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vigo
Parroquia: Coruxo (San Salvador)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O cruceiro do barrio de “Taberna”, posúe unha base cuadrangular e sen inscricións, coas arestas superiores biseladas. A columna é de sección octogonal e lisa, sen decoración, que remata nunha moldura, tamén sen decoración. A cruz posúe no seu anverso a representación de Cristo crucificado con tres cravos, de grande expresividade. No reverso, a Virxe de pé sostendo o corpo morto do seu fillo. Pódese ver a desproporción do conxunto, no tamaño do Cristo e na man esquerda da Virxe. Baixo esta escena, vemos un pequeno querubín. A cruz imita madeira e é de sección circular.

Este monumento foi obxecto dun intento de roubo, que o rompeu en parte, pero por sorte se puido evitar o delito e unha vez restaurado por parte da veciñanza se colocou de novo no seu lugar orixinario, porque segundo se recolleu “muito bo nos fixo este Cristo aquí”

Antigamente era lugar de parda de procesións, polo que se adornaba cunha mesa con flores. Tamén era habitual que pararan as comitivas dos enterros, ata que o intenso tráfico do lugar rompeu coa tradición.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PÁXINA WEB
http://xosecounhago.com/?p=50

BIBLIOGRAFÍA
Rodríguez Puentes, Eugenio, Abad Gallego, Juan Carlos. “Cruceiros, cruces e petos de ánimas no Concello de Vigo” Colección “Datos”. Datos/2. Concellería de Cultura. Concello de Vigo. 1990.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1874111635
Lonxitude: -8.77698518336
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84