Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Marín
Parroquia: Santa María do Porto
Lugar: Marín
Outra denominación do ben: Igrexa Vella
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Construída no solar dun primitivo templo medieval, a traza actual data de 1603, da man do mestre canteiro García de Arce, pero sufriu diversas reformas reformas e ampliacións ata 1739, polo que predomina o estilo barroco.
Érguese sobre un penedo que dominaba a primitiva Vila. A pranta é de cruz latina, coa fachada orientada cara o Norde, contra o que é preceptivo, con escalinata semicircular de acceso, pilastras adosadas a cada lado da porta e un frontón triangular partido, entre o que se abre un nicho cunha figura da virxe. Ao lado dereito érguese o campanario, de sección cadrada e coroado cunha cupuliña. Outra torre (a “do reló”) érguese a carón do testeiro, coroada cunha estructura de ferro forxado. Decorando a parede do testeiro, hai unha pedra armeira, cos blasóns do mosteiro de Oseira, pois esta igrexa, xunto coa vila de Marín, estivo vinculada ao Priorato que este mosteiro tivo aquí.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
No interior da Igrexa destaca o altar barroco, adicado a San Miguel, patrón da vila, e as imaxes deste arcanxo e a da Virxe do Rosario.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.39249036129346Lonxitude: -8.70343565940857
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
cristina says:
Feb 29, 2012
Unha pequena puntualización: polo que sei sí ten uso este templo, non diario, pero fanse bodas e concertos, non está sen uso.
E o feito de que estea orientada ó Norte é porque sufriu ampliacións, creo que no XVIII, que fixeron que a capela maior primitiva sexa hoxe o brazo leste do transepto.
Estades facendo un magnífico traballo, seguide así!
Un saudo
Oscar Franco says:
Nov 18, 2014
A igrexa no PXOM do Concello de Marín:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MARIN/documents/22861ca004.PDF