Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Rois
Parroquia: Augasantas (San Vicente)
Lugar: Pedrouzos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O Cruceiro de tipo crucifixo álzase sobre dúas plataformas, que se atopan semienterradas no terreo, e un pedestal cuadrangular con molduras nas arestas superiores. O fuste é octogonal, agás no comezo e no remate que é se sección cadrada. No corpo do varal ten unha imaxe tallada en relevo que leva hábito e un libro na man esquerda, que podería representar a San Vicente, patrón da parroquia de Augasantas. O capitel ten caras de anxos nas catro caras e adornos de volutas e cunchas nas esquinas. A cruz de sección cilíndrica e con nós leva un Cristo de boa talla con detalles anatómicos e unha Virxe cun manto sobre a cabeza e en posición de orar. Vai sobre peaña que leva unha cara na base.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ROIS/documents/0349CA005.pdf (pax. 4)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O cruceiro está nunha explanada de cemento que fai que os chanzos esten enterrados. Atópase no campo de acción da maquinaria agrícola que confeccionas os silos de herba para o gando.


Onde está localizado

Latitude: 42.79075167708437
Lonxitude: -8.746206164360046
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84