Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Baralla
Parroquia: Covas
Lugar: Traspena
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Situado nun outeiro calizo sobre a aldea de Traspena e o río Neira. Trátase dun pequeno castro duns 160 metros de diámetro, protexido polo forte desnivel do terreo agás polo norte (na parte que dá á estrada local que comunica co concello de Láncara) onde hai uns aterrazamentos utilizados para labores agrícolas. O resto do recinto está inzado pola matogueira e a arboreda. Non se observa ningún tipo de estrutura defensiva ou habitacional, só polo oeste se aprecian os restos do que puído ser un foxo. A comunicación visual coa contorna é limitada.
Na croa está a coñecida polos veciños como “A Pena da Golondrina” onde se ve un furado que semella feito pola man do home, mais ignórase cal sería a súa función.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/mamoas-e-castros-do-concello-de-baralla.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.86692325765429
Lonxitude: -7.315607070922852
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84