Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Amoeiro
Parroquia: Trasalba (San Pedro)
Lugar: Formigueiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Pequena capela de estilo románico de planta irregular, con muros de cachotería e perpiaños, tendo cuberta a dúas augas de tella plana.
Destaca a sinxeleza decorativa do exterior, a excepción do relevo situado encima da porta de acceso a capela, decorado con motivos e figuras zoomorfas e vexetais.
En esta capela venéranse dúas imaxes: San Sebastián que se celebra o día 20 de xaneiro e a Virxe das Candeas o día dous de febreiro.
Esta capela foi remodelada en varias ocasións, a edificación orixinal contaba cun pórtico que posteriormente foi tapiado, como se evidencia aínda na fachada, este fronte remata con sinxela espadana con remate en cruz de pedra con imaxe de Cristo crucificado.
Con motivo de unha remodelación levada a cabo polos veciños no ano 1988, ó desmontar o altar encontráronse cunha monumental sorpresa, a lousa que formaba parte do mesado do altar, estaba decorada pola cara posterior e despois de ver que facían con ela, decidiron integrala na fachada da capela, para que todo o mundo puidera vela.
Trátase de un relevo da Idade do Ferro que presenta motivos xeométricos e un friso de cabalos, un deles con xinete.
No contorno da Capela do Formigueiro consérvanse varias sepulturas antropomorfas, malia que algunha aínda está tapada.
Fotos: Alfonso García
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Conta cun relevo que presenta motivos xeométricos e un friso de cabalos, un deles con xinete.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AMOEIRO/documents/26234ca120.pdf (P.9)
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-ii.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.38445123822736Lonxitude: -7.97095656394958
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
TUMBA EN LA CAPELA -FORMIGUEIROS-AMOEIRO-OURENSE- – NECRÓPOLIS MEDIEVALES excavadas en la roca says:
Abr 16, 2020
[…] http://patrimoniogalego.net/index.php/38574/2013/03/capela-de-san-sebastian-en-formigueiro/ […]