Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Amoeiro
Parroquia: Trasalba (San Pedro)
Lugar: Formigueiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Con motivo de unha remodelación levada a cabo polos veciños no ano 1988, ó desmontar o altar encontráronse con unha monumental sorpresa, a lousa que formaba parte do mesado do altar, estaba decorada pola cara posterior e despois de ver que facían con ela, decidiron integrala na fachada da capela, para que todo o mundo puidera vela.
Trátase de un relevo da Idade do Ferro que presenta motivos xeométricos e un friso de cabalos, un deles con xinete.
Outro relevo, con motivos xeométricos semellantes, foi colocado no lavadoiro da parroquia de Fontefría.
A peza en pedra é un baixorrelevo, dun importante valor histórico, mide uns 126 cm de ancho, por 83 cm de alto e un grosor estimado de 20 cm, esta placa pétrea, ostenta unha decoración en baixorrelevo, diferenciada en cada un dos tres planos horizontais en que está dividida.
-Plano horizontal superior: a decoración presentase incompleta pero aprécianse semicírculos concéntricos, enlazados, que formarían “888” deitados que se repiten todo a o longo da pedra.
Dentro da cultura castrexa este tipo de decoración é frecuente en cerámica e xoiería.
-Segundo plano horizontal: esta decoración formando”SS” opostas que se xuntan de modo alterno na parte superior e inferior para conformar un triangulo ou punta de frecha.
-Terceiro plano horizontal: representa un grupo de équidos en movemento, mirando cara o lado esquerdo e de perfil, no cuarto cabalo dos cinco, pódese ver a representación dunha monta, un xinete enriba cos brazos abertos.
Fotos: Alfonso García
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AMOEIRO/documents/26234ca120.pdf (P.9)
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-ii.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.38445123822736Lonxitude: -7.97095656394958
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Frisos castrexos, serpes, relacións e datacións – A Burata da Moura says:
Set 3, 2021
[…] cerca de Lámbrica, no concello de Amoeiro, colocaron no frontispicio da capela do Formigueiro un relevo de tamaño aceptable, aínda que pode tratarse tamén dun fragmento. O relevo do […]