Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Guarda
Parroquia: Camposancos (Santa Isabel)
Lugar: Pasaxe, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Edificación de planta rectangular, cunha soa nave e cuberta a dúas augas. Na súa fachada, sen a penas ornamentación, destaca o óculo, a espanada dun so oco e a decoración de azulexo co debuxo do Neno Xesús.

Esta capela, asociada á Congregación relixiosa dos Xesuítas, que tiveron un colexio ao redor, construíuse para uso dos alumnos do Seminario de Pobres fundado polo xesuita Tomás Gómez Carral en 1879.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A capela atópase en completo abandono e ameaza con derrubarse.


Onde está localizado

Latitude: 41.8892097377
Lonxitude: -8.85089278221
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84