Igrexa de Santiago de Covas
Catalogouno XABIER MOURE o Mar 24, 2013 • 6:57 p.m. • Non hai comentariosOutra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baralla
Parroquia: Santiago de Covas
Lugar: Covas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
De orixe románica con adro-cemiterio arredor. A portada vai precedida por un cabido cuberto en lousa a tres augas que descansa sobre piares e columnas. Ten planta rectangular e ábsida semicircular divida en tres partes por dúas columnas e cuxos capiteis están profusamente decorados; a luz que recibe a ábsida é a través dunha seteira con arco románico. A fronte, moi reformada, posúe unha portada de medio punto cun óculo e unha espadana de dous vans. Baixo o aleiro da cuberta vense varios canzorros. No interior pódense ver uns retábulos, o maior, sinxelo, coas imaxes da Inmaculada, Santiago Peregrino, San Brais e varios anxos, todos do século XVI; nos retábulos laterais, barrocos e columnas salomónicas, figuran a Virxe do Rosario e un Santo Antonio do século XVIII. Canto á ourivería, consérvase unha copa de prata cicelada do século XVIII e outra lisa.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Resolución de 14 de maio de 1991 (DOG do 12 de xullo) pola que se ordena a publicación das normas complementarias e subsidiarias de planeamento das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. (páx. 6.490 e 6.491).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.86420083736155Lonxitude: -7.304062843322754
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84