Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Val do Dubra
Parroquia: Niveiro
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Igrexa de planta rectangular, cunha soa nave e cuberta a dúas augas, construída con aparello de perpiaño de granito. A fachada de perpiaños ben labrados ten unha porta enmarcada por un arco de medio punto, unha fornela na que se atopa a imaxe do patrón, e sobre ela unha xanela rectangular que dá luz á nave. As esquinas están rematadas con piramidóns coroados con bolas. A torre das campás, de planta cadrada, érguese sobre o pincho. No Lado de poñente presenta un reloxo de sol.
En 1626, fundou Andrés Domínguez unha capela, arrimada á igrexa, dedicada ós santos André e San Luís que desapareceu a mediados do século XVIII. En 1860 un raio destruíu a torre e parte do templo.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://iglesiasvaldodubra-patinho.blogspot.com.es/
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VALDODUBRA/documents/0394CA003.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0318339
Lonxitude: -8.6343769
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84