Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense (Santísima Trinidade)
Lugar: Praza da Trinidade
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A portada plateresca do antigo hospital de San Roque, renacentista do século XVI, tras a desaparición de este pasou a ser a entrada do adro da Igrexa da Santísima Trinidade.

A portada, sinxela e de bo gusto, está formada por un arco de medio punto, de intradós casetonado, sobre pilastras molduradas, e medallóns en alto relevo nas enxutas, que segundo algún autor, representan a Hipócrates e a Galeno. Flanquéanas sendas columnas xónicas, de fuste estriado. Sobre estas, o arquitrabe, que sostén tres pares de dobres volutas, soporta un tímpano triangular que acolle unha fornela entre pilastriñas, rematada por una vieira con charnela cara abaixo.
Nela, unha imaxe pétrea de estilo popular do San Roque acompañado dun neno. A ambos lados da fornela, sendas bichas encaran o Santo, en representación do mal.

Dúas figuriñas remataban os extremos do tímpano e o seu vértice estaba coroado pola cabeza alada dun anxelote. Aquelas están hoxe empotradas a ambos lados da portada.
Pola parte interior ten unha figura da Virxe da Piedade.

O edificio do hospital de San Roque, que se atopaba na horta do concello, a actual alameda, xa moi ruinoso, desapareceu en 1927 pasando a súa portada, previo informe da Comisión de Monumentos, a cerrar o muro occidental do adro da Igrexa da Santísima Trinidade.

A incapacidade dos pequenos e precarios hospitais de orixe medieval para afrontar os reiterados azoutes epidémicos acaecidos no século XVI na cidade de Ourense, levaron a que no ano 1561 o bispo Francisco Blanco decidira fundar, de acordo con o concello, o Hospital de San Roque.

E funcionou como tal ata pouco despois de 1854 cando foi trasladado, a un edificio na praza das Mercedes,
pero o edificio foi utilizado en 1873 como oficinas do concello mentres se construía o edificio actual na praza maior, cedido pola Deputación que era a dona do maltreito edificio, ata que desapareceu definitivamente en 1927.
As festas do San Roque, o santo peregrino, foron durante varios séculos as principais de Ourense, hasta que en 1901 foron suplantadas polas do Corpus.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.laregion.es/opinion/15190/260/
http://www.culturagalega.org/album/docs/232_9.pdf
http://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com.es/2010/06/concepcion-arenal-y-ourense-unas-lineas.html
http://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com.es/2012/05/en-el-hospital-de-ourense-se-vende-vino.html
http://arquivosdegalicia.xunta.es/export/sites/default/arquivo-historico-provincial-de-ourense/resources/downloads/Fronda-42-Institucixns_asistenciais__II_-CASTELxN.pdf
http://ourensenotempo.blogspot.com.es/2010/12/o-hospital-do-san-roque.html
Fotos:
Puerta del antiguo hospital de San Roque (Hipócrates) Ourense
Puerta del antiguo hospital de San Roque (Galeno) Ourense
http://4.bp.blogspot.com/_IG7nagJCvAU/Sr0GhTefJvI/AAAAAAAABL4/kqbteONOdnc/s400/DSC02041.JPG
http://3.bp.blogspot.com/-V6p11I9Jk3c/TdJOV2Erf3I/AAAAAAAABV0/W9UnM-ZBz9o/s1600/pacheco39+AMOu+copia+copia.jpg


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.33302842167438
Lonxitude: -7.86445945501327
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84