Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Outes
Parroquia: Santo Ourente de Entíns
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro de forma ovalada podería ter anexo un antecastro polo sur, co cal mede 200 m., e ten un diámetro menor de 130 m. Atópase no cume dun pequeno outeiro que domina o val do río Tins, a unha altitude de 148 m. sobre unha zona agrícola e forestal. Ao seu carón está un regueiro que baixa do monte Veliña e desde el divísase o Castelo de Outes ao suroeste. O seu estado está moi deteriorado debido a construción de vivendas e alpendres dentro do seu recinto. Crúzano varios camiños e del foron extraídas pedras para a construcións das casas, o que fai que a nivel superficial non se aprecie ningunha estrutura. As defensa estaban instaladas a 25 m. de altura sobre o terreo chan que o limitan pola parte norte e oeste, pero a pouco máis de 5 polo este. Na segunda foto podemos ver o mapa de pendentes Lidar 2009, co castro no centro da imaxe e incorporado na aldea.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA 15062013
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Mariño Xoán, Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1998. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-003-X
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA004.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8729684569Lonxitude: -8.91656398773
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84