Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Vilaboa
Parroquia: Viaboa (San Martíño)
Lugar:
Outra denominación do ben: Peto de ánimas do Toural
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Obra de estilo popular, do século XIX, que figura “almiñas” no purgatorio con restos de policromía. Posúe tamén un cruceiro simple.
Configúrase como un monumento pétreo cunha iconografía que representa figuras humanas envoltas nas lapas do purgatorio, aparecendo nun plano superior unha especie de imaxe celestial que intercede por elas. Está levantado por detrás dunha mesa altar de granito. Ten forma rectangular que se redondea nos seus ángulos superiores dándolle ao conxunto unha estructura piramidal.
A representacion articúlase en dous niveis e un par de escenas diferentes. No nivel inferior, aparece certo número de monstros que van situando os corpos dos condenados sobre unha grella martirial. A escena representa maldade e sufrimento. No nivel superior, as ánimas que están a piques de se redimiren son axudadadas por dous anxos que se sitúan nos arcos laterais. Por riba deste conxunto, e sobresaíndo en altura debido a un pequeno fuste e un moldurado capitel, un singular cruceiro que acolle, únicamente, á Virxe da Soidade, coas mans diante do peito en símbolo de oración pola salvación dos defuntos.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WE
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VILABOA/documents/1000CA001.pdf

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
BURGOA FERNÁNDEZ, JUAN J. De Tui a Santiago. Cruceros y Petos de ánimas del Camino Portugués (En liña)

REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3597420249
Lonxitude: -8.63776981831
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84