Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Guntín
Parroquia: Ferreira de Pallares
Lugar: Ferreia de Pallares
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Fundado por Ero Fernández e a súa muller dona Elvira no ano 909, funcionou como mosteiro familiar ata o último terzo do século XI cando o conde Rodrigo Muñiz e a súa irmá Elvira llo cederon aos bieitos. No s. XII, o rei Afonso VII dóalle o couto de Ferreira de Pallares con xurisdición civil e criminal. No ano 1518, por mor da reforma dos mosteiros galegos empredida polos Reis Católicos, pasa a depender de Samos como priorado.
A igrexa románica con elementos góticos rematouse na segunda metade do s. XIII. É de planta rectangular construída en cadeirado de granito. Ten unha nave con cuberta de madeira, dividida en catro tramos, ábsida con tramo rectangular e cabeceira semicircular. Unha capela gótica acaroada no alzado sur da nave acolle o mausoleo dos Taboada. A porta principal, arquivoltada, está decorada con motivos humanos, animais e vexetais, figuracións que tamén se poden ver nas portas norte e sur. O claustro, do século XVII, é de planta cadrada con arcos escarzanos. Deste mosteiro procede un documento datado no ano 1257, que é dos primeiros textos coñecidos escritos en galego.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio15AAE_8_es.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.88107051713996
Lonxitude: -7.67943263053894
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84