Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Taboada
Parroquia: Taboada dos Freires
Lugar: Taboada dos Freires
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Do primitivo cenobio consérvase a igrexa románica do ano 1190. O topónimo apunta a que aquí residía unha comunidade de freires cuxo mosteiro, segundo a tradición oral, ocuparía o lugar onde se atopa a horta da reitoral. Existe un documento do ano 1233 que fala dunha concordia asinada polo bispo polos dereitos do Cabido sobre varias posesións que os cabaleiros do Temple tiñan no lugar. No ano 1927 a edificación románica sufriu modificacións na fachada e noutros elementos. O máis interesante que aínda conserva o templo é o tímpano da porta principal no que figura unha inscrición co nome do arquitecto e a data da súa construción, e un altorrelevo que representa a Sansón desqueixando a un león. Na moderna ábsida aínda hai unha xanela románica.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

A representación de Sansón desqueixando a un león podémola ver en sete igrexas galegas: Taboada dos Freires, Santiago de Taboada, Santa Olaia de Beiro, San Martiño de Moldes, Pazos de San Clodio, San Xoán de Palmou e San Miguel de Oleiros.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio15AAE_20_es.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.70079758296602
Lonxitude: -7.818709015846252
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84