Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Marín
Parroquia: Seixo (Nosa Señora do Carmo)
Lugar: Aguete
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O Pazo de san Brais foi unha das residencias da familia Gago de Mendoza en Marín, xunto cos veciños pazos da Brea e posteriormente do Chirleu. A súa fundación debe datar cando menos no século XVII. A capela do Pazo foi fundada por un membro desta familia, párroco de Santomé de Piñeiro, en 1710, dentro do recinto da chamada “Casa de Aguete”, que polo tanto xa existía.
O pazo está actualmente dividido en varias vivendas, e consérvase en relativo bo estado, malia certas “restauracións” e engadidos que desvirtúan as trazas orixinais. Son destacables as labras heráldicas que decoran cada unha das cinco almeas que coroan o seu portalón, e o escudo que preside a fachada, que reúne os blasóns dos Montenegro, Mendoza-Soutomaior, Oca, Figueroa, Gago, Agulla, Arauxo, Vázquez e Puga, emblemas familiares que tamén aparecen nos escudos dos pazos da Brea e Chirleu.
A capela, adicada a San Brais, acolle unha romería popular na festa do santo, 3 de febreiro.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Cada tres de Febreiro os doentes do pescozo ofrecen exvotos de cera desta parte do corpo na capela do pazo, para pedir a intercesión de San Brais de Sebaste, especialista nestas doenzas, pois salvara da morte a un neno que tiña unha espiña de peixe atorada na gorxa.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.37512313899895Lonxitude: -8.72687816619873
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Nov 18, 2014
O pazo de San Brais no PXOM do Concello se Marín:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MARIN/documents/22861ca004.PDF