Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carballedo
Parroquia: Temes
Lugar: Temes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O edificio actual foi restaurado a finais do século XVIII, e con reformas no século XX. Presenta unha planta rectangular, con teito cuberto a dúas augas, con ábsida e muros de perpiaño e dúas portas alinteladas. Arco de acceso de medio punto. No interior conserva varios retábulos, o maior é do século XVII e os laterais do XVIII.

O templo actual sustituíu a outro anterior, de época altomedival, do que se sabe polo epígrafe fundacional que se conserva no interior da igrexa, e que data a súa consagración o 30 de novembro do ano 805: “SACRATO TEMPLI II KL/DCBS IN ERA DCC/(X) L(A)(I) II”, “A consagración do templo foi dous días antes das kalendas de decembro (30 de novembro), na era 843 (ano 805)”. Nunha doazón do mosteiro de Pombeiro do ano 964 fala do mosteiro de Temanes. Nun diploma do ano 997 faise mención a unha ermida que está no término do mosteiro de Temanes.

Sen embargo, no interior da igrexa existen restos moito máis antigos. Ao eliminar o cal das paredes apareceu a tampa dun sarcófago paleocristián realizada en mármore branco procedente das canteiras do Pentélico de Atenas, e que representa unha epifanía, a Adán e Eva, e a historia de Xonás. A tampa foi reaproveitada como decoración, a modo de friso sobre o arco triunfal do templo, e pódese datar na época de Constantino, no primeiro cuarto do século IV. Tamén se conserva unha inscrición que contén, quizais, a primeira pegada cristiá documentada en Galicia e que di: “Fides, Spes, Caritas”, “Fe, Esperanza, Caridade”. Outros restos arquitectónicos de época romana, como capiteis, columnas e epígrafes foron igualmente reaproveitados.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

No lugar que ocupa a igrexa dise que houbo unha fortaleza que asentaba sobre un primitivo poboado castrexo, e logo un eremitorio que pasou a mosteiro. Malia, polo de agora, a arqueoloxía só documentou restos tardorromanos.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellocarballedo.es/portal_localweb/p_118_contenedor1_ayto_carballedo.jsp?seccion=s_fdes_d4_v2.jsp&contenido=1875&tipo=6&nivel=1400&layout=p_118_contenedor1_ayto_carballedo.jsp&codResi=9&language=gl&codMenu=1167&codMenuPN=797&codMenuSN=807

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio15AAE_2_es.pdf

DELGADO GÓMEZ, Jaime. El complejo de Temes: los dos documentos cristianos, iconográfico uno y epigráfico otro, más antiguos de Galicia. Xunta de Galicia, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4629124369
Lonxitude: -7.75657832623
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84