Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Marín
Parroquia: Marin de Arriba (San Xulián)
Lugar: Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro, xunto ao adro da Igrexa de San Xulián de Marín de Arriba. Érguese sobre unha plataforma dun só grao, sobre a que se apoia o pedestal, cúbico, decorado cunha caveira con tibias cruzadas na fronte, e con inscripción nos outros tres lados, coa data do cruceiro: ANO/DE/1698. Diante do pedestal, e apoiado en sendos cilindros, hai unha mesa de ofrendas. O fuste ou varal é de sección octogonal, sen figuras. O capitel, sobre un ancho colar cilíndrico acoutado por dous toros, está decorado con caulículos e rostros de querubíns. No anverso da cruz hai un Cristo de boa talla, mirando á súa dereita, mentres que o reverso é liso, sen figuras. Conserva restos de policromía.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.37952384445766Lonxitude: -8.686913251876831
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Nov 17, 2014
No PXOM do Concello de Marín aparece catalogado co nome de Cruceiro de Igrexario de San Xián:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MARIN/documents/22861ca002.PDF (Páxinas 56 e 57)