Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Baiona
Parroquia: Baiona
Lugar: Rúa Manuel Valverde
Outra denominación do ben: Vello hospital de Sancti Spiritus
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A estrutura deste edificio, con muros de cantería e cachotería, está formada por un baixo e unha planta, cuberta por un tellado a dúas augas. Destacan unha espadana na fachada e unha solaina cara á horta da que xurden as escalinatas de pedra que comunican cos tres volumenes nos que se distribúe o complexo.

As orixes deste edificio remóntanse ao século XVI, cun propósito de dar cobexo aos pobres e indixentes da comarca. No ano 1779 foi reedificado por orde do bispo Juan García Benito e foi inaugurado en 1806 e bautizado como Santo Hospital da Caridade. O hospital conservou a súa función ata ben entrado o século XX. Hoxe, despois dunha remodelación converteuse na sede da Biblioteca Municipal e en Casa de Cultura.

Este edificio é un conxunto formado polos antigos Hospital Sancti Spiritus, Mª Magdalena e Apóstolo Santiago.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: EquipamentoInfraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

No mes de xullo de 2018 se inaugurou a rehabilitación deste edificio, que pasará a ter as funcións de biblioteca municipal e do novo arquivo histórico da vila.


Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BAIONA/documents/0712CA001.pdf
http://www.minhor.org/etnografia/patrimonio-material/671-o-antigo-hospital-de-sancti-spiritus-de-baiona-e-a-sua-arquitectura-barroca-por-xaime-garrido
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/baiona/hospitalcaridad.html

REHABILITACIÓN XULLO 2018
http://historiadegalicia.gal/2018/07/rehabilitan-o-vello-hospital-do-santo-espirito-de-baiona-para-biblioteca-e-arquivo/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1184415081
Lonxitude: -8.85024905205
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84