Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Taboadela
Parroquia: Mesón de Calvos (Santa María)
Lugar: A Pousa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Capela de planta rectangular levantada no século XIX no outeiro da aldea da Pousa. Dunha única nave, gorecida por unha cuberta a dúas augas, os seus muros son de perpiaño concertado nos laterais e na súa fachada (opus quadratum). Aquí ábrese a única porta de acceso, baixo un lintel sen decoración. O presbiterio, pola súa parte, elévase respecto da nave para solemnizar as celebracións, así como para destacar o magnífico retablo pétreo policromado que posúe.
A fachada remátase en altura por medio dun frontón triangular carente de decoración, a excepción das sobrepenas que protexen os muros piñóns, que preceden en altura a unha lanzal espadana dun único oco, rematada por unha cruz latina sen figuración que remata a lectura vertical do conxunto.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TABOADELA/documents/26629CA006.pdf (P.9)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.25489910941688
Lonxitude: -7.84239292144775
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84