Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Taboadela
Parroquia: Mesón de Calvos (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificio de recente construción e traza moderna, concibido con unha extraordinaria pulcritude e desornamentación. De planta en cruz latina, os seus muros levántanse en perpiaño granítico de boa calidade en aparello de opus quadratum, sendo a súa cuberta a dúas augas. A fachada principal, a unica que fai algunha concesión no que se refire á decoración e o deseño, sitúa a porta de acceso principal no seu eixo central, dando paso en altura a unha imposta que percorre horizontalmente o frontis, servindo de apoio a un par de placas con altorelevos: unha Virxe orante, e outra dunha flor de lis.

Nun dos ángulos o arquitecto sitúa un soporte de campás que se levanta como un híbrido entre torre e espadana. Esta peza, dobremente furada con arcos en gablete, consiste en dúas paredes perpendiculares dispostas en ángulo con cuberta a unha unica auga, rematada nunha cruz latina sen figuración.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TABOADELA/documents/26629CA006.pdf (P.10)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.26299450258222
Lonxitude: -7.836835384368896
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84