Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Marín
Parroquia: Ardán (Santa María)
Lugar: Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Aínda que existiu unha igrexa previa, en estilo románico, a traza actual deste templo é barroca, do século XVIII, con reconstruccións de principios do século XX.
A pranta é de cruz latina, cuberta con bóveda de canón, e de aresta no cruceiro. A fachada, ao igual que as cubertas, foron reconstruídas en 1901, e é moi simple, sen decoración de ningún tipo, e alto campanario no centro do pincho, de sección cadrada, rematado por unha cupuliña e piramidones nos cantos.
O muro que rodea o adro ten un viacrucis, con cruces simples de pedra, das que hoxe se conservan cinco, algunha das cales só lle resta o varal.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:

No interior destaca o retábulo, de estilo “ecléctico”, e algunhas imaxes barrocas.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.35015157054871
Lonxitude: -8.736496567726135
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84