Outra fotografía:

Tipo de ben: Cuartel, Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: A Guarda
Parroquia: Camposancos (Santa Isabel)
Lugar: A Pasaxe
Outra denominación do ben: Colexio Santiago Apóstol de Camposancos
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Conxunto de edificios rodeados por altos muros dos que sobresae o principal, con tres torreóns. No seu interior destaca unha señorial galería de 82 metros de lonxitude.

Camposancos foi un antigo colexio-internado de Xesuítas que, dende 1937, se transformou nun centro para a reconversión (ou eliminación) dos disidentes asturianos co goberno de Franco. En pouco tempo converteuse no recinto de prisioneiros de maior entidade en España, con máis de 3.000 presos.

Nos seus patios destacan especies arbóreas de gran porte, que hoxe son patrimonio cultural do municipio de A Guarda.

No interior do recinto atopáronse restos de columnas e outras ruínas, restos dun antigo templo templario.

Este antigo colexio Apóstolo Santiago dos Padres Xesuítas de Camposancos foi o xerme das universidades de Deusto e Comillas a finales do século XIX.

O colexio contou con medios técnicos dos máis avanzados, instalouse un dos primeiros observatorios de Galicia, o segundo teléfono do Municipio e antes de chegar a luz eléctrica o municipio en 1900 os PP Xesuítas dispuñan de luz eléctrica grazas a un xerador mercado en Alemaña.

En 1916 os PP Xesuítas alugaron as instalacións aos PP Xesuítas de Portugal que viñan de ser expulsados do seu país mentres o Colexio Apóstolo Santiago trasladouse a Vigo. Comezan 26 anos de estancia dos xesuítas portugueses en Camposancos, como Instituto N’un Alves, nome que por obriga do goberno español tiveron que substituír polo de Colexio María Inmaculada.

Na II República os xesuítas deben abandonalo colexio. Queda nas mans do Estado asumindo o concello a obriga de velar pola súa conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O mal estado do conxunto fixo que entre na Lista Roja da Asociación Hispania Nostra (Ver referencia bibliográfica)


Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AGUARDA/documents/0799CA006.pdf
http://www.asturiasrepublicana.com/libertad15-pon5.html
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/09/04/galicia/1346782528_276077.html
http://www.memorialdecamposancos.com/
http://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-do-baixo-mino/a-guarda/colegio-jesuita-pasaxe-camposancos/
http://www.aguarda.com/000253.html
http://manuelc2005.blogspot.com.es/2014/12/colegio-apostol-santiago-de-los-padres.html

https://www.gciencia.com/historias-gc/campos-de-concentracion-galicia/
https://descubrecadadia.blogspot.com/2020/06/antiguo-colegio-de-jesuitas-de.html#more

https://listarojapatrimonio.org/ficha/colegio-santiago-apostol-los-padres-jesuitas-camposancos/?fbclid=IwAR3KJ1F4ZzFg5GrHqhbZ6Qs60pEz6YWZWMW3FEr_uxXkLF7shFA-O2kr8gA


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O complexo foi reformado nos anos noventa. Desde aquela a finca permanece pecahada.

No ano 2006 existíu un proxecto urbanístico centrado na construcción dunha luxosa urbanización de vivendas unifamiliares que, finalmente, non se levou a cabo.


Onde está localizado

Latitude: 41.8886686199
Lonxitude: -8.85105371475
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84