Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Sobrado / Terra de Melide (comarca)
Parroquia: A Porta (San Pedro)
Lugar: Sobrado
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

No século X fundouse aquí un mosteiro familiar dúplice polos condes de Présaras.
No século XII, en tempos de Alfonso VII o emperador que foi o verdadeiro paladín da orde do Císter en terreo hispano, este pequeno cenobio intégrase na orde dos monxes brancos.
Máis tarde pasa a formar parte da Congregación de Castilla e tras a desamortización de Mendizábal é abandonado aínda que o habitual proceso de destrución posterior foi evitado ó ser mercado polo cardeal Payá.
Na actualidade, o Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes está habitado por monxes benedictiños

O Mosteiro conserva en bo estado a igrexa e boa parte das dependencias monacais: tres claustros, a sala capitular, o refectorio, cociña, sacristía, biblioteca, etc

A Igrexa
A igrexa do Mosteiro é un fastuoso edificio do barroco (século XVII). Trátase dun templo cuxa planta ten cruz latina. O corpo principal da igrexa articúlase mediante tres naves de distinta anchura (máis estreitas as laterais).
O espazo do cruceiro solucionouse mediante unha gran cúpula semiesférica. Os soportes das arquerías que separan as naves son piares cadrados.
A espectacular fachada desta igrexa é obra de Pedro de Monteagudo e nela, ademais da habitual intención de crear dinamismo e xogos de luces mediante relevos, apréciase unha peculiar verticalidade. Tal efecto o consegue o arquitecto mediante dúas altas torres campanarios formados por un gran corpo de elevación prismático superado por tambor e cupulín. Estas torres deixan pouco espazo central á fachada propiamente dita
Este espazo central da fachada divídese en dous grandes corpos. No primeiro corpo temos a porta adintelada e por riba unha estatua da Virxe da Asunción nunha fornela rodeada de estruturas decorativas barrocas. Flanqueando estes elementos aparecen dúas parellas de altísimas columnas corintias de fuste estriado.
O corpo superior ten un ventanal tamén adintelado máis un escudo rodeado de novo por columnas e frontón curvo.

Os Claustros
O Mosteiro conserva nada menos que tres claustros: o da Hospedería ou de Peregrinos, o Procesional e, por último, o chamado Claustro Grande.
O claustro da Hospedería, situado xunto á igrexa é de comezos do século XVI, de austeras liñas herrerianas. Os arcos das pandas son de medio punto. Por riba temos un piso con ventás.
O claustro procesional (Reglar ou das Caras) foi o claustro orixinal da construción cisterciense do século XIII aínda que completamente refeito entre os séculos XVI e XVIII
Este claustro tamén se chama “das Caras” polos medallóns do piso superior que mostran rostros de distintas personaxes: apóstolos, bispos, cabaleiros, etc.
Como é lóxico, este claustro está comunicado coas poucas dependencias que aínda se conservan do mosteiro medieval, como a sala capitular, o refectorio e a cociña.
Por último, o chamado Claustro Grande tamén se aborda no século XVI e se remata no XVIII.

As dependencias medievais: sala capitular e cociña
Sala Capitular
A sala capitular ábrese ó claustro procesional o reglar. Dende este claustro accédese a sala por unha estrutura aínda románica. O vano da porta encóntrase rodeado por un amplo conxunto de arquivoltas aboceladas de medio punto que caen sobre piares rodeados por múltiples parellas de columniñas románicas. A ambos lados da porta ábrense sendos ventanais de idéntica estrutura.
Dentro da sala capitular, observamos o típico espazo ortogonal abovedado con catro soportes constituídos por oito columnas unidas cuxos capiteis comúns rematan en cimacio oitavado.
Os nervios das bóvedas, Ademais de nestas columnas, apóianse sobre columnas acodilladas nas esquinas do cadrado e en mensulones dos muros.

Cociña
A cociña é outra das interesantes dependencias medievais que se conservan do mosteiro trala súa integración na Orde do Císter. É un espazo abovedado -ó estilo dunha sala capitular- cuxos nervios son soportados por catro grandes piares cilíndricos, a modo de columnas cuxos cimacios son oitavados. O espazo central desta sala, e rodeados polas columnas, é a campá da cheminea.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: HosteleiroOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www3.planalfa.es/sobrado/sobrado.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.03859514583348
Lonxitude: -8.022680282592773
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84