Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: San Cibrao das Viñas
Parroquia: Soutopenedo (San Miguel)
Lugar: Vilanova
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Sinxela capela carente de ornamentación e moi sobria nas súas liñas.

De planta rectangular, ten unha soa nave con cuberta a dúas augas de tella curva, e cerramento de silleria de granito encintada con morteiro de cemento.

Na fachada ábrese a porta principal alintelada flanqueada por dous ocos cadrados en fachada dispostos simetricamente respecto da porta. Baixo eles colócanse dous bancos de pedra. Rematando a fachada érguese frontón triangular carente de decoración, a excepción das sobrepenas que protexen o muro. A espadana é dun só oco con pequeno campanil, rematado na cima cunha cruz de pedra carente de imaxes.

No muro lateral, ábrese un oco rectangular vertical. Unha moldura decora a cornixa acompañando a cuberta.

Un muro de pedra de baixa altura rodea o adro da capela, deixando oco de entrada.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANCIBRAODASVINAS/documents/9001CA003.pdf (P.4)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.27496893462494
Lonxitude: -7.87793219089508
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84