Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Vimianzo
Parroquia: San Xoán de Cambeda
Lugar: San Fins
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Este carballo centenario e milagreiro de ampla copa e longas pólas sitúase na freguesía de Cambeda no lugar de San Fins. Esta árbore senlleira atópase ó carón da cabeza da capela de San Fins e moi posiblemente estea relacionado coa fundación de dita capela. Segundo as xentes do lugar, resulta que esta árbore atribúenselle propiedades curativas, sobre todo, ao parecer, para dores de costas e hernia, e vénselle profesando unha certa veneración nos últimos séculos, o que os antropólogos chaman dendrolatría. A cerimonia consiste en dar nove voltas co ofrecido ao redor do carballo, sobre todo nas festas de san Fins que se celebran nos primeiros días de agosto, aínda que en días soltos tamén van xentes necesitadas dalgunha cura ou simplemente por curiosidade.

A principios do verán do ano 2004, os operarios municipais podaron as polas do carballo, este feito suscitou unha grande conmoción. Tanto foi así que houbo quen augurou negros presaxios para a súa forza milagreira, impedido das súas polas máis longas. As polas tardaron en retirarse do lugar: ninguén se atrevía a queimalas «polo que poidera acontecer». A dona do terreo e por tanto da árbore confesara que chorara ao ver o estado do carballo. Tivo tanta transcendencia que, nos días sucesivos, non pararon de chegar visitantes ao lugar para ollar a lendaria e milagreira árbore de San Fins, e xa de paso, á capela que está á beira.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Contan os vellos que lembran como noutros tempos, cando se esgazaba unha pola se o que se pretendía curar era un neno, sen rompela do todo, un pasador,  un veciño do lugar, encargábase de colocar nela ó rapaz, que a continuación daba as nove voltas de rigor. Despois uníase a pola con trapos e barro.  Se enxertaba , o neno sandaba. Algúns maiores lembran casos de curacións  e tendo por certo que o carballo é unha das árbores sagradas dos galaicos e que os celtas venerabana moito, pois… algo diso haberá!.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

www.adelaleiro.com/galeria.aspx
www.vimianzo.es/info.php%3Fid%3D19%26idioma%3Dgl%26sec%…


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.076493858817415
Lonxitude: -9.040565192699432
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84