Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cenlle
Parroquia: Cenlle
Lugar: Cenlle
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Situado nunha praza xunto a igrexa de Santa María de Cenlle, foi construido no ano 1878. Conta cunha cruz sobre columna con tallas de Cristo crucificado e a Piedade. O capitel, de inspiración corintia, coroa o varal de sección diversa: circular, hexagonal e cadrada. Sobre o fuste hai unha figura dunha Verónica amosando nun pano a Santa Faciana, e baixo ela, en varias caras, aparecen en relevo os instrumentos da Paixón. A basa é un cubo cadrado labrado nas caras, con caveira e tibias cruzadas, sobre unha bancada de apoio de dous chanzos.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CENLLE/documents/27520ca100.pdf
(ficha A-4)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.34327868432175Lonxitude: -8.087753355503082
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Oscar Franco says:
Xan 14, 2015
Unha referencia bibliográfica deste peto:
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense. Ed. IR INDO, 1998
Oscar Franco says:
Out 23, 2015
Voume atrever a corrixirlle algo ao compañeiro XABIER MOURE:
Este cruceiro non é do ano 1878, senón do ano anterior, segundo podemos ver nunha inscrición que aparece na parte dianteira do varal:
“ANO DE 1877”
E pola parte traseira outra inscrición di:
“FEZ M G” (fíxome Manuel González)
Tamén engado as seguintes ligazóns:
http://www.cenlle.es/index.php/patrimonio/iglesias#addon_dinamic_page_content_1
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=19065&ctre=55
Oscar Franco says:
Mar 10, 2017
Engado o seguinte enlace web que fala sobre Manuel González Perdiz, mestre canteiro autor deste cruceiro:
http://www.oocities.org/jufp2/Manuel_Gonzalez.html
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/3202501.html