Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cenlle
Parroquia: Esposende
Lugar: Esposende
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Templo románico, construído probablemente a partir do século Séculos XII, aínda que con posteriores reformas barrocas, no século XVIII. Ten unha soa nave e planta rectangular, con ábsida tamén rectangular. Os muros son de perpiaño de tamaño irregular, rematados cunha connixa con decoración xeométria e canzorriños figurados. A portada conta cunha dobre arquivolta de medio punto con decoración xeométrica nas chambranas e na imposta, apoiada sobre un par de columnas de fuste liso e capiteis con ornamentos de entrenzado. O tímpano, monolítico, está presidido por un relevo que representa unha roseta de seis follas inscrita nun círculo. A espadana é barroca, con dobre arco para os sinos. A decoración da fachada complétase con cruces antefixas sobre os pináculos das esquinas e no cumio da espadana. No muro norte apréciase unha inscrición.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CENLLE/documents/27520ca100.pdf (ficha A-5)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.33150362670942
Lonxitude: -8.110093474388123
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84