Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vilaboa
Parroquia: Vilaboa (San Martiño)
Lugar: Acuña
Outra denominación do ben: Cruceiro de Acuña
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A base deste cruceiro é unha enorme rocha de 1,80m. de altura, de lados redondeados, agás o orientado cara ó poñente, que se aproveitou para gravar nel a seguinte inscrición:
“D(on) ANT(oni)O FIGV(eiro)A LANÇÓS FEC(it) 1670”
O varal, que está moi desgastado, primeiramente é cuadrangular, con cadrados incisos, e logo octogonal.
O capitel, en forma de cubo, está decorado con debuxos. Na parte dianteira pódese ver un cáliz; na dereita un escudo, quizais da casa dos Figueroa; na esquerda e na traseira, unha especie de flor.
A cruz é simple, sen ningunha imaxe, aínda que se adobía por catro pequenas esferas na parte baixa do pé nos extremos dos brazos e testeiro.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VILABOA/documents/1000CA001.pdf
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360580502.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2009). Cruces, cruceiros e petos do concello de Vilaboa. Editorial AGCE.

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

O cruceiro atópase nun vello camiño cheo de silveiras. Fai pouco caeu unha cerdeira que estaba a súa beira. A sorte foi que caese ao lado contrario.


Onde está localizado

Latitude: 42.3448368951
Lonxitude: -8.6439576745
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84