Outra fotografía:

Tipo de ben: Industria, Obradoiro artesanal tradicional,
Concello: Vilaboa
Parroquia: Cobres (Santo Adrán)
Lugar: Punta da Travesada
Outra denominación do ben: Caleira de Cobres // Forno da Travesada
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:

O forno de cal de Cobres é unha instalación para a fabricación de cal a partir da queima de pedra caliza. Trátase dunha construción de forma tronco-piramidal realizada en pedra do país finamente labrada. Acada os 7 m. de altura por 7’5 m. de diámetro exterior na súa base, e vaise estreitando paulatinamente cara arriba ata rematar na súa parte superior nunha abertura circular de 2’5 m. Na súa parte baixa frontal amosa uns saíntes cara afora chamados “brazos”, debaixo dos cales atopamos unha porta de acceso cuberta por un arco de medio punto.
Na parede Norte, amosa outra porta de acceso cuadrangular á que se accede mediante unha escalinata de pedra exterior de dous tramos. Exteriomente, semella unha especie de gran cheminea. No interior, dispuña dunha especie de “zapata” sobor da que se poñían as pedras calizas que posteriormente eran calcinadas mediante longos procesos de cocción. Estas pedras eran colocadas en “fiadas” que se ían estreitando cara arriba ata rematar nunha especie de falsa bóveda interior, pasando posteriormente a almacenar na parte baixa materiais combustíbeis ós que logo se lles prendía lume.
Do proceso de cocción posterior obtíase a cal que logo era vendida e dirixida principalmente á industria da construcción.
Destacar asimesmo o pequeno peirao de pedra que se atopa ò seu carón e que servía para as descargas das pedras calizas traídas en barcos e dos referidos materiais combustibles necesarios para o proceso de transformación.


Fotogrametría:

Propiedade: DescoñecidaPública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A prensa dixital do 29 de abril de 2021 anuncia o proxecto de rehabilitación deste ben (ver referencia bibliográfica).

As obras de rehabilitación e posta en valor deste conxunto remataron no mes de novembro de 2022 e foron inauguradas no mes de febreiro de 2023 (ver referencias bibliográficas).


Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
Asociación cultural Barqueiro.
https://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/183
http://www.vilaboa.org/patrimonio_etnografico_cast.html
http://www.vilaboa.org/patrimonio/esp-fornocal.html
https://descubrecadadia.blogspot.com/2020/09/san-adrian-de-cobres-

Caleira – Forno de Cal de Cobres

REHABILITACIÓN ANO 2022.
https://www.farodevigo.es/pontevedra/2021/04/29/vilaboa-proyecta-rehabilitacion-forno-do-49859324.html
https://morrazonoticias.com/o-concello-de-vilaboa-recibe-a-autorizacion-do-porto-de-vigo-para-rehabilitar-e-poner-en-valor-o-forno-de-cal-e-o-peirao-de-pedra-de-san-adrian-de-cobres/

https://galego.farodevigo.es/pontevedra/2022/11/03/concello-vilaboa-devuelve-esplendor-forno-78063475.html
https://www.pontevedraviva.com/xeral/89827/forno-cal-vilaboa-recupera-esplendor-concluir-obras-rehabilitacion/
https://www.diariodepontevedra.es/gl/articulo/comarca-de-pontevedra/rematada-completo-intervencion-forno-do-cal-vilaboa/202211021955401225371.html
https://www.farodevigo.es/pontevedra/2023/02/05/vilaboa-recupera-forno-cal-crear-82510453.html

Caleira – Forno de Cal de Cobres


https://www.pontevedraviva.com/xeral/92323/forno-cal-recobra-vida-perdida-familias-antiguos-trabajadores/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2944808157
Lonxitude: -8.65586131811
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84