Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cervantes
Parroquia: Dorna
Lugar: O Chao
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
A pouco máis de 1.000 metros de altitude sobre o nivel do mar, e situado a uns 300 metros da aldea de O Chao, o Teso do Castro érguese sobre o río de Quindous, que no lugar chaman de Dorna. De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 150 metros no eixo máis longo e de 100 metros no menor. Polo NO, a parte máis vulnerable, está defendido por un dobre parapeito e un foxo que discorre entre ambas as dúas murallas. Cuberto pola matogueira, non se aprecian outros restos defensivos ou habitacionais. Malia o anterior, segundo a tradición oral, no século XIX había xente que vivía no recinto polo que é probable que reaproveitaran, ao menos parcialmente, os restos das primitivas vivendas castrexas; de feito, veciños de certa idade aínda lembran ter visto restos de muros.
Ao castro precédeo o lugar coñecido como A Corola do Castro, un terreo hoxe en día adicado a cultivo, se ben non se aprecian restos de estruturas, quizais achandadas polos labores agrícolas que se desenvolveron no lugar ao longo do tempo; sería por aquí por onde se accedería ao recinto.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: AgrícolaOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://arqueoancares.blogspot.com.es/2011/01/castros-do-concello-de-cervantes.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.84154866737515Lonxitude: -6.965761184692383
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84