Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Beade
Parroquia: Beade (Santa María)
Lugar: Beade
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A Igrexa de Santa María de Beade pertenceu á orde militar de San Xoán de Xerusalén ou de Malta, como o acredita un emblema situado nas proximidades. Presenta planta rectangular e cuberta a dúas augas. A fachada posúe unha esvelta torre campanario lateral de catro corpos con dobre balconada. O presbiterio está máis elevado cá nave.
Nos restos románicos do templo, entre dous canzorros, hai insculpido en granito un taboleiro de xogos de Alquerque de IX.
No interior salientan os sepulcros da capela maior e os retablos dos laterais onde se ven as figuras de Santa Ana e San Bartolomeu Mártir. Varias das obras son da autoría de Francisco de Moure.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BEADE/documents/27518ca101.pdf (p. 1)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.33399403994019Lonxitude: -8.1278657913208
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Abr 11, 2016
A capela maior, ao igual que a sancristía, foi mandada reedificar polo comendador frey Ares López Fandiño de Goyanes no ano 1539, tal e como o demostran os escudos e o seu sepulcro. Atópase separada do resto da nave por un arco oxival, profusamente decorado con relevos de estilo plateresco
No muro da Capela do Evanxeo podemos ver dous urnas sepulcrales. Un delas leva a seguinte inscrición:
“S. DEL NOBLE CABALLERO FREÍ ARES LÓPEZ FANDIÑO DE GOYANES”
A outra urna leva outra inscrición que di:
“COMENDADOR DE RIBADAVIA PARADINAS ECHA EN EL AN.”
Outra inscrición máis aparece noutra lápida que di:
“FREÍ D. FERNÁN MANUEL COMENDADOR DE BIADE SIERBO DE DIOS”
Este comendador gobernou dende 1602 ata 1611.
Destaca tamén unha talla de madeira que apareceu na Sancristía, atribuida ao escultor galego Francisco de Moure, de principios do século XVII.. Mostra a un cabaleiro da Orde de San Xoan.
BIBLIOGRAFÍA
Carlos Sangro Gómez-Acebo, Carlos (Miembro del Archivo Histórico de la S.O.M. de Malta). ESTUDIO DE LA IDENTIDAD DE LA TALLA DEL CABALLERO ORANTE