Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Melón
Parroquia: Melón
Lugar: Melón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Císter, ano 1158. Tanto o mosteiro como a igrexa pertencen ao románico de transición, de finais do XII e principios do XIII. O claustro do cenobio é do XVI, e posteriores o resto das dependenzas monacais. No ano 1749 o abade contratou co mestre de obras Manuel Muñiz a modificación do claustro e da portería e aumentar a botica. No 1755 sufriu os efectos do terremoto de Lisboa, e no 1855 caeu un lóstrego sobre a torre da igrexa ocasionando graves desperfectos xa que a bóveda da nave central desplomouse sobre o coro. A igrexa presenta planta de cruz latina con tres naves, deambulatorio sobre columnas exentas e tres ábsidas abertas a ela e outras dúas análogas. En fase de restauración, o proxecto iniciouse coa consolidación dos claustros e a recuperación de catro salas, ademais da estrutura da bóveda e a canalización das augas. A principios do 2011, a Deputación de Ourense cedeu ao Concello a propiedade do cenobio.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
O 25 de agosto de 1231, Pedro Salvadores, propietario galego, vende a súa herdade de Sequeiros de Borbén ao abade de Melón, Don Gomes, coa condición de que o acollesen no mosteiro e o tratasen coma un frade. Este documento tense, polo de agora, como o máis antigo escrito enteiramente en galego. Convén precisar que a maior parte da documentación máis antiga en galego desapareceu, entre outras causas, porque os pergameos foron reutilizados.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MELON/documents/26610ca002.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2557079807Lonxitude: -8.21652889252
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
5 comentarios
elixiovieites says:
Abr 3, 2013
Relacionado con este mosterio, podemos ver este neveiro.
http://patrimoniogalego.net/index.php/38245/2013/03/neveiro-do-touron-2/
isaac says:
Out 21, 2013
A localización está errada.
coordenadas:42.255681,-8.216683
Oscar Franco says:
Dec 7, 2014
O Mosteiro muda os monxes por habitantes do século XXI:
http://www.laregion.es/articulo/o-ribeiro/monasterio-melon-sera-rehabilitado-hospederia/20141206093314508804.html
Oscar Franco says:
Mar 13, 2017
http://www.laregion.es/articulo/o-ribeiro/fomento-licita-obras-claustro-monasterio-melon/20170308185433692233.html
Oscar Franco says:
Mar 9, 2020
A asociación Hispania Nostra introduce este ben na súa “Lista Roja del Patrimonio”. Así aparece na súa páxina web:
https://listarojapatrimonio.org/ficha/monasterio-santa-maria-melon/
Esta triste nova é recollida pola prensa dixital de inicios do mes de marzo de 2020:
https://www.laregion.es/articulo/ourense/monasterio-melon-lista-roja-patrimonio/20200304221307931112.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/melon/2020/03/07/abandono-monasterios-melon-lobas-lista-roja-patrimonio/0003_202003O7C79915.htm