
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Limia (comarca) / Sandiás
Parroquia: Santo Estevo de Sandiás
Lugar: Sandiás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Construída no século XVI (antes de 1520) baixo a dirección do mestre de cantería de orixe portuguesa, Bartolomeu de Nosendo, que anteriormente traballara nas obras do mosteiro de Xunqueira de Ambía, e logo da igrexa de Sandiás, no Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras. Trátase dunha igrexa tardo-gótica e renacentista que consta dunha soa nave e un presbiterio cuadrangular (a parte onde se sitúa o altar) cuberto por unha interesante bóveda de crucería. No interior os arcos que sosteñen o teito descansan sobre altas columnas adosadas ós muros con capiteis con motivos renacentistas. No exterior destaca pola súa portada de estilo gótico tardío propia do arte manuelino (un estilo artístico portugués que denota a orixe do mestre de obras), un estilo pouco frecuente en Galicia. Ó seu carón atópase a reitoral construída a mediados do século XVIII e o cruceiro de Sandiás, compoñendo entre todos os elementos un fermoso conxunto histórico-artístico dun indubidable valor.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
O retablo maior realizouse entre os anos 1603 e 1607, esta última data visible no alto do retablo logo das obras de restauración a que foi sometido hai uns anos, e na que o recuperou as antigas cores e as pinturas orixinais.
É uns dos poucos retablos tardo-manieristas que chegou ata nós completo, seguindo un modelo de moda naquel momento imposto polo do Mosteiro do Escorial. Nel traballou Francisco de Moure, un dos mellores artistas galegos do primeiro terzo do século XVII, sendo unha das obras máis importantes da primeira etapa deste escultor.
Consta dunhas imaxes dotadas dunha grande forza expresiva na que xa se adiviñan os novos aires do novo estilo que chegaría anos mais tarde a Galicia e que tería unha grande importancia na nosa arte: o barroco.
Consta de dous corpos, tres rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo san Pedro e san Paulo e no segundo san Francisco, santo Estevo e san Lourenzo. De grande interese son o conxunto de pinturas manieristas (A Anunciación, A Visitación, Os catro doutores da Igrexa, e varias santas) realizadas no ano 1605 polo pintor portugués Domingo Lourenço Pardo, ademais de varias pinturas que saíron a luz despois de restaura-lo retablo.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
O Concello de Sandiás, grazas a concesión dun Obradoiro de Emprego, realizou obras de rehabilitación da contorna da igrexa de Santo Estevo Sandiás durante o ano 2004. Durante ese mesmo ano, o Concello de Sandiás mellorou notablemente os accesos á igrexa coa construción dunha nova rúa de acceso.
Referencias bibliográficas:
Fotografía en branco e negro do cruceiro, a reitoral e a igrexa de Santo Estevo de Sandiás (Ourense) nun folleto publicitario das eleccións locais do ano 1979.
Foto das obras de rehabilitación da contorna da igrexa de Sandiás a cargo do Obradoiro do Emprego (Maio 2004).
Revista cultural e turística do concello de Sandiás ¨A Torre do Castro¨(Nº 3, 2009).
¨Los Caminos de Santiago en Galicia. Camino del Sudeste – Vía de la Plata¨(Xacobeo. Xunta de Galicia, 2007)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1133778873Lonxitude: -7.75478124619
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Oscar Franco says:
Xan 27, 2014
No interior desta igrexa podemos ver o seu retablo de estilo tardomanierista, seguindo un modelo de moda naquel momento imposto polo retablo do Escorial. O retablo de Sandiás realizouse entre os anos 1603 e 1607, segundo aparece nunha inscrición no alto do retablo. Nel traballou Francisco de Moure, artista galego do primeiro terzo do século XVII, sendo unha das obras mais importantes da primeira etapa deste escultor.
Consta de 2 corpos, 3 rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo San Pedro e San Paulo e no segundo San Francisco, Santo Estevo e San Lourenzo. Tamén posúe un conxunto de pinturas manieristas localizadas na base do retablo(a Anunciación, a Visitación, os catro doutores da Igrexa, e varias santas (Santa Bárbara, Santa Lucia, Santa Apolonia de Alexandría e Santa Catalina de Alexandría)realizadas por un pintor descoñecido, ademais de varias pinturas.
Todas estas pìnturas saíron á luz despois da restauración que se levou a cabo no ano 2001.
Máis información:
http://www.sandias.es/images/stories/revistatorredocastro2007.pdf (Revista cultural e turística do concello de Sandiás ¨A Torre do Castro¨(Nº 1, 2007).
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2001/03/03/450242.shtml
Limiao says:
Xan 27, 2014
As pinturas manieristas localizadas na base do retablo realizounas no ano 1605 o portugués Domingo Lourenço Pardo.
Máis información:
¨Los Caminos de Santiago en Galicia. Camino del Sudeste – Vía de la Plata¨(Xacobeo. Xunta de Galicia, 2007)
Oscar Franco says:
Set 5, 2021
A revista limiá Lethes vén de publicar unha achega sobre o retablo de Francisco de Moure da Freguesía de Santo Estevo de Vilar de Sandiás.
A información é do 30 de agosto de 2021.