Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Pedrafita do Cebreiro
Parroquia: Riocereixa
Lugar: San Pedro
Outra denominación do ben: San Pedro
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Trátase dun reducido asentamento que ocupa un pequeno outeiro xistoso por riba do regueiro do Faro e adaptado ao terreo, construíndose aterrazamentos para conseguir unha pequena superficie horizontal para erguer as vivendas. Os socalcos actúan como límite da muralla defensiva. Polo oeste ten dous foxos escavados na rocha. Inzado pola matogueira. O castro foi romanizado.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Unhas veciñas contáronme que uns furtivos, dotados cun detector de metais, atoparon varias moedas, ao parecer de época romana. Tamén me falaron dunha lenda que di que no lugar os mouros soterraron unhas virxes de ouro.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.646962133137244
Lonxitude: -7.067985534667969
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84