Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cospeito
Parroquia: Sistallo (San Xoán)
Lugar: Xunto da Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa ten planta de cruz latina con sacristía acaroada ao presbiterio. Feita de cachotería de granito e con teito de lousa a catro augas en tódolos corpos agás na nave principal que vai a dúas. Leva un pórtico murado polo lado norte, aberto e sobre muro con dúas columnas pola entrada principal. Espadana de dobre corpo, con vans de remate de arco de medio punto para tres campás e adorno de pináculo de bólas. Construída en varias etapas, sendo unha das últimas a finais do século XVIII. Dentro están dúas lápidas sepulcrais dos Verdes e Montenegro e varios retablos dos séculos XVIII e XIX, en altar maior e naves laterais.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/COSPEITO/0578CA001.pdf
(pax. 12 de 14)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2467735546
Lonxitude: -7.57529854774
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84