Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Val do Dubra
Parroquia: Bembibre (San Salvador)
Lugar: O Pazo
Outra denominación do ben: Capela de Santa Margarida
Cronoloxía: Época Altomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Capela de San Xoán de Bembibre, tamén coñecida como de Santa Margarida, foi construída no século XVII posiblemente sobre un templo anterior do XII. Posúe planta lonxitudinal e na fachada, como remate, disponse unha cruz. En 1970 Ares Espada descubriu dúas pequenas estatuas de dimensións 80 x 18 x 16 e 85 x 21 x 16 centímetros que ao parecer flanqueaban a porta. Son dous mozos cantores do coro pétreo da catedral de Santiago, atribuídos ao Mestre Mateo. Chamoso Lamas recuperounas no mesmo ano para formar parte da reconstrución do coro de pedra do Museo Catedralicio.

A capela foi restaurada e reinaugurada o 24 de Xuño de 2009. Debaixo da mesma hai unha fonte “milagreira” moi concorrida.

(Imaxe principal da antiga rimaría publicada en http://www.tierrasdesantiago.com)


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://iglesiasvaldodubra-patinho.blogspot.com.es/
http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago?idEdicion=1288&idMenu=323&idNoticia=440277


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.014281
Lonxitude: -8.659547
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84