Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Baños de Molgas / Xunqueira de Ambía
Parroquia: Ambia (Santo Estevo) - Xunqueira de Ambía (Santa María a Real)
Lugar: Monte da Ambiela
Outra denominación do ben: Cruz da Ambiela
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruz de pedra chantada no alto dun promontorio rochoso, de sección cadrada con arestas biseladas, cunha altura duns tres metros. Os brazos son un pouco desproporcionados, parecen algo pequenos.
A principios do século XX unha gran treboada estragou a parroquia de Ambía, o crego de entón convenceu os feligreses para levar a Cruz de Pedra o alto do monte e pola no penedo que marxeaba o monte de Suatorre e o monte da Farria para que protexera á parroquia.
E así o fixeron. Nun carro e con xugadas a cambón subiron por A Regueira, o Alto da Grama, a dos Patos e Pena Troitín. A cruz e puxérona no penedo debaixo do que dicían estaba a Cova dos Mouros, subindo un desnivel de máis de 200 m. en apenas un km.
Esta Cruz de Pedra non estivo sempre aquí. Estaba posta dende que a fixeron (non sabemos cando) nun penedo que había á beira da carreira que sube de O Calvario cara a igrexa parroquial de Ambía, xusto debaixo da terceira laga do regadío da Regueira, a Laga do Fondo.
Aínda recordan os veciños o rebaixe para o encaixe no penedo, que logo fenderon para facer a “pista” nos anos sesenta.

Os eidos que están por encima de Suatorre ata os Diestros chámanse “A Cruz de Pedra”, por máis que no Catastro(unha catastro-fe tantas veces na toponimia galega) veñan como “Cruz de Pedro”.
Por iso agora os de Ambía,e non sen razón, chámanlle a esa zona do Monte da Ambiela, o Monte da Cruz, o Penedo da Cruz ou A Cruz sen máis.

Debido a todo isto a mal chamada en ocasións Cruz da Farria, deberíase chamar unicamente Cruz de Ambía ou Cruz da Ambiela, aínda que a Farria pode ser o pobo mais próximo.

Información: Pepe Oliva


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.panoramio.com/photo/53270015
http://www.panoramio.com/photo/53270031
http://www.panoramio.com/photo/53270003
http://www.panoramio.com/photo/53269987


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.20014556350005
Lonxitude: -7.70874649286270
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84